Blogia

Andresadas

Novo web blog en galego. Andresiño

Para non desprezar nin os demais, nin a min mesmo, decidín que a xente escolla entre que lingua quere ler os meus artigos., xa que considero que as dúas son iguais, agora coa nova páxina www.andresito_gal.blogia.com, todo o mundo ten a posibilidade de ler os meus artigos na lingua que prefira... Advirto que é posibel que o meu galego non sexa de todo normativo, pero... ¿ Quen fala correctamente o galego, se continuamente están a facer cambios nel?

Pola igualdade lingüística e pola liberdade de opcións, aquí tedes o web blog no noso idioma, espero que desfrutedes con el.

¿ Recollepelotas guapas o eficaces?

¿ Recollepelotas guapas o eficaces?

Durante o ano pasado no Masters Series de tenis de Madrid, no mes de Outubro, o concello de Madrid decidiu colocar como recollepelotas ás modelos da marca Hugo Boss. Isto provocou protestas pola oposición: tanto os representantes de Madrid do PSOE e IU mostraron a sua indignación coa nova medida. FACUA tamén denunciou á compañía Hugo Boss xa que considera a imaxe das mulleres como denigrante.

O PSOE decidiu mandarlle unha carta a Manuel Santana para que rectificase e colocara de novo a todos os rapaces que adestran duro para estar aí ano tras ano. O PP non mostrou nengunha opinión, senón que ficou completamente en silencio...

Isto pode perxudicar a imaxe da candidatura de Madrid para os Xogos Olímpicos do 2012, pero mentres o concello se mantén á marxe, outras zonas do país móstranse reacias ás decisións de colocar a este tipo de modelos, como é o caso de Asturias. Neste caso, considérase que as mulleres representan meros reclamos sexuais, e ainda que Hugo Boss sexa un dos patrocinadores da marca, non debería colocar a este tipo de mulleres para promocionar os seus productos.

Ás queixas se unen os tenistas e parte do público, sobre todo o feminino, que non o atopa para nada divertido e eficaz, xa que as modelos se confundian ao pasar as bolas, e tamén cando tiñan que cruzar dun lado ao outro da pista, co cal, o evento desportivo se se fixo mais vistoso, non foi polo xogo dos tenistas, senón pola figura das modelos.

¿ Que vos parece?¿ É lóxico que Hugo Boss coloque este tipo de promoción? Comentade o que pensedes sobre este tema.

O corpo humano. Toda unha arte

O corpo humano. Toda unha arte

Estes dias estase a celebrar na cidade ucraína de Odessa o IV Festival de body-Art. Trescent@s modelos, nin mais nin menos emprestan a súa figura para que os cen artistas (tanto convidados como afeccionados) plasmen as súas obras nos seus corpos. Este evento supón outro tipo de expresión artística orixinal e novedosa, na que, o "cadro" convértese en protagonista igual ainda que o soporte sexa o corpo dunha persoa. Pode resultar estrano, pero á vez agradabel contemplar unha obra de arte, ao mesmo tempo que estás a observar a unha persoa. As persoas non son as protagonistas, senón lienzos viventes que teñen un protagonismo importante ainda que secundario.

A idea do artigo débolla a La Voz de Galicia, xornal que inspirou estas liñas. A fotografia (tamén do mesmo diario), mostra o retrato do coñecido líder comunista, Lenin, no corpo dunha escultural xoven.

Ver noticia de La Voz de Galicia

Sexo en Nova Iorque? E o resto, que?

Sexo en Nova Iorque? E o resto, que?

Sexo en Nova Iorque (en versión orixinal Sex in the city), é unha serie norteamericana que relata a história de catro mulleres amigas que se contan tódalas súas inquedanzas, en especial, unha principal e non menos importante: o sexo. Todas as súas aventuras sexuais son explicadas ao detalle, as suas relazóns, a maneira na que tratan de seducir ao sexo oposto, o acto físico en si e os problemas tanto físicos (nun capítulo Samantha coñece a un home que ten o problema do micro-pene, inferior a oito centímetros), como emocionais ( Charlotte coñece a un home que ao exacular comeza a soltar improperios sen parar contra a muller coa que está a practicar sexo).

O simbolismo da cidade é outro aliciente que lle dá nome á série. Non é o mesmo Nova Iorque que calquera outra cidade dos Estados Unidos. Esa personalidade que pecha a metrópolis se ve reflexada nas protagonistas da história que son Carrie (interpretada por Sarah Jessica Parker, Mars attacks!, Ed Wood), Samantha (Kim Catrall, Crossroads, 15 minutos), Charlotte (Kristin Davis, Nove meses, Melrose Plase) e Miranda (Cynthia Nixon, O cuarto de Marvin, O informe pelicano), unhas treintañeras con diferentes formas de pensar, pero que a pesar das diferenzas, se apoian e están sempre xuntas.

A novela do escritor Candance Bushnell, Sexo na cidade, foi a inspirazón para que Darren Star producise esta serie difícil de catalogar, ás veces comédia, ás veces drama. Creo que pode ser que represente ben o que é o lado feminino. Creo, estou a dicir. Porque non sei realmente como pensades vós, e vós se sabedes como pensamos nós , non? Homes e mulleres. É un tema moi complicado, pero que mereceria a pena debater. En outros artigos irei escribindo unha explicación do perfil de cada unha das protagonistas.

A serie emítese en Antena 3, de martes a xoves ás 2.00h, pero ainda que fose situada na franxa de madrugada, está a ter unha espectacular acollida entre os teleespectadores. Tamén se pode ver no canal COSMO (en Digital + ou para nosotr@s, os galegos, en R).

Alé Santa Kata, alé, alé!

Dia 28 de Abril de 2005. Crio que todos os estudiantes da faculdade de Ciéncias da Comunicación e outros visitantes, turistas, amigos e coutiñas en xeral lembrarán-se dese dia como unha festa multitudinária á que todos se apontaron. Mentres uns bailan música con uns litros na man, outros xogaban pachangas ao futebol, ou simplesmente se tombaban na erva. O tempo era propício para un dia de festa. O ambiente e a marcha comezou para alguns ás 12.00 h, dando-o todo desde primeira hora. Outros optaron por aparecer á tarde, despois de comer, e asi estar mais descansados para a noite.

Os concertos uniron ainda mais aos xoldristas, quen bailaban sen parar, tanto fora rock como hip-hop. Tamén os profesores, todos de festa, alguns mesmo se animaron a xogar ao futebol (ese Chechu). Enfin , unha festa para lembrar, mágoa que fiquen 364 dias para outra igual... , Esperade a Santa Kata 2006!

Benny Benassi e a súa Satisfaction

Benny Benassi e a súa Satisfaction

Este videoclip criou unha polémica increibel, Benny Benassi, o dj e criador do single, fixo-se ainda mais famoso. É normal que a xente se desgoste ao ver este vídeo. Ao dicer xente amplío demasiado o grupo. Crio que os homes non se desgostarán para nada se ven isto, xa que as mulleres que aparecen en el, son realmente despampanantes. Esta imaxe é denigrante para a muller, pero... ,é sedución ou incitación directa ao sexo e á objetización da muller?. En breves, un amplo comentário deste vídeo, con posibilidade de descarga

Chistes para eles

Pero... para os homes tamén hai varios chistes sobre a muller circulando... Asi que aqui tendes varios chistes quitados da mesma páxina que a anterior sobre o sexismo. Rapazas, parece ser que se atoparon respostas aos vosos chistes... A ver se son eficaces!

1. En que se semellan as mulleres a dentadura?
En que se lles das pasta e as cepillas de cando en vez durante toda a vida.

2. En que se semella unha muller a unha gasolineira?
De pescozo até cintura.... diésel
De cintura para abaixo..... súper
De pescozo para en riba.... sen chumbo.

3. En que se semellan as mulleres a un globo?
En que o globo tende a subir e a muller sube a tender.

4. En o que se semellan as mulleres ás formigas?
En que lles tapas o burato e vólvense tolas.

5. En que se semellan as mulleres ós cadaleitos?
En que todo o que entra, está teso.

6. En o que se semella unha muller a un paracaídas?
En que se non os abres, a cascas.

7. Como se chama ao espazo entre a vaxina e o cú?
Frontón, porque é onde rebaten as pelotas.

8. En que se semellan as mulleres virxes ás fichas de parchís?
En que as dúas córrense co dedo.

9. Por que as mulleres teñen os dous buratos da zona baixa tan próximos?
Para as poder apañar como os packs de cervexa.

10. En que se semella unha muller a unha tixola?
En que hai que esperar a que se quente para mete-la carne.

Espero que estes dous artigos non xeren polémica, e tanto homes como mulleres os tomen nun ton de humor, xa que non trato de dicir nada con ningún dos dous. É mais, seguro que moitos destes chistes xa os escoitarades...

Top ten. Chistes para elas

A continuación, propoño unha serie de chistes atopados nunha interesante páxina sobre o sexismo, que, ainda que está un pouco obsoleta, ten varios apartados curiosos e que merecen a mágoa ver. Este primeiro artigo mostra os chistes para vós, as rapazas, para que vos cachondedes de nós todo o que queirades.

1. En que se semellan os homes aos cepillos de dentes?
Porque sen o rabo e a pasta non valen para nada.

2. En que se semella un home a unha gasolineira?
De pescozo para en riba..... diésel
De cintura até o pescozo.... super
De cintura para abaixo...... sen chumbo

3. En que se semellan os homes aos peidos?
En que chos tiras cando queres.

4. En que se semella un home a un rumor?
En que os dous córrense axiña.

5. En que se semella un home a un microondas?
En que quéntanse en 15 segundos.

6. En que se semella un home a unha ficha de parchis?
En que come unha, e conta vinte.

7. En que se semellan os homes aos espermatozoides?
Que de tantos millóns só serve UN.

8. En que se semellan os homes aos enterradores?
En que só se preocupan do teu corpo.

9. En que se semellan os homes aos baños?
En que ou están ocupados, ou son unha merda.

10. En que se semellan os homes ás pizas?
En que os chamas e aos 30 minutos están quentes na porta.

Até aqui o Top Ten dos chistes sobre homes desde a perspectiva feminina.

Teach me, non sei ligar

Teach me, non sei ligar

Noites abertas programa unha série de talleres de autoaxuda para aqueles xovenes que teñen dificultades para relacionarse . Aínda que cada dia semelle que os seres humanos estamos máis unidos, a falta de contacto humano, e do falar de cara a cara provoca que cada vez caiamos mais na ausencia de tacto para tratar a outras persoas. Ás veces as novas tecnoloxias e medios de comunicación, non fan que estexamos, senón, mais incomunicados. Mónica Couso, unha das monitoras da Asociación Inzar, cre que a situación chegou ao extremo de pensar que, algúns xovenes, logran desinhibirse e lograr ligar coa axuda do Señor J&B ou de outro tipo de drogas (cannabis, pastillas, cocaína, crack, heroína, cogumelos alucinóxenos... todo o que se vos veña á mente).

Estes talleres que se imparten na praza da Ferrería da cidade de Pontevedra serven para disipar aos xovenes todas as dúbidas que non se atraven a preguntar á xente que teñen máis preto. Inzar planea ademáis, coa axuda de outros sexólogos e mesmo dunha masaxista ( Chus Amoedo), realizar outro taller que se chamará Eros e Afrodiña que tratará sen vergoña o tema do erotismo e comezará a finais deste mes.

9 songs ¿ Pornografía ou sensualidade?

9 songs ¿ Pornografía ou sensualidade?

Lisa é unha estudante que decidiu desplazarse a Londres para continuar coa súa carreira universitaria, para relaxarse un pouco. Nun concerto de Black Rebel Motorcycle coñece a Matt, o cal namórase perdamente dela. Xorde o amor e ó longo do filme vemos como transcorre a sua relazón, e a medida que pasa o tempo escoitamos cancións de diferentes grupos, aos que os protagonistas asisten. Grupos como The Von Bondies, Elbow, Primal Scream, The Dandy Warhols, Super Furry Animals, Franz Ferdinand e Michael Nyman. Mentres soan nove cancións de todos estes intérpretes, os protagonistas pratican o acto sexual, con xeito cómico, xa que o realizano en ocasións, ao ritmo da canción. Ao chegar as festas do Nadal, Lisa ten que tornar ao seu lar, e a relazón acábase de forma tráxica.

Entre algunhas curiosidades do filme podemos destacar que foi rodada sen guión, foi filmada con cámaras de vídeo dixitais sen iluminación extra. A actriz protagonista, Margo Stilley, era debutante e foi descuberta vai escasos meses nunha academia de extras e modelos. O actor que comparte protagonismo con ela é Kieran O'Brian. Ademáis,recibiu o premio no festival de San Sebastián á mellor fotografía, dirixida por Marcel Zyskind.

No filme dáse renda solta ós desexos sexuais dos protagonistas( en pantalla durante todo o filme, o resto de actores son figurantes simplesmente). Co curioso formato de empregar cancións coma sinal de que a parella vai manter unha relación sexual, o seu director, Michal Winterbottom, relata unha fermosa historia de amor.

A polémica que este filme causou é brutal, pero eu non creo que se trate de pornografia, senón dun filme erótico, e un tanto estrano, que ao público ou entusiasma ou desespera. Para isto, non hai termo meio.

¿ Tanga girls? Non, non, somos Guerrilla Girls

¿ Tanga girls? Non, non, somos Guerrilla Girls

As Guerrilla girls son unha organización feminista formada por todo tipo de artistas como forma de protesta e de contracultura. Naceu en 1985, e a medida que pasa o tempo se están a facer máis e máis fortes. Son un grupo de xente anónima que utiliza como pseudónimos, os nomes de mulleres que marcaron unha época no mundo da arte. Nestes 20 anos publicaron pósters, libros e proxectos mostrando unha postura feminista e antiracista. Tratan de protestar e revelarse dun xeito cómico e humorístico para que o resto do mundo poida comprobar que as feministas tamén poden ser simpáticas e entón tratan de eliminar todos os estereotipos e prexuízos que se foron creando.

Ademáis, realizan conferencias por todo o mundo, e no seu programa parece ser que estiveron en Febreiro en Madrid, do 10 ao 14. O seu signo distintivo é moi peculiar e curioso: unha máscara de gorila que se colocan durante todas as conferencias e parolas. Tan só hai un grupo desta organización, e debido ao anonimato das integrantes é complicada a súa expansión. A páxina ten unha multitude de posibilidades que recomendo, admiren

As mulleres soportan unha pesada carga no conflicto palestino-israelí

As mulleres soportan unha pesada carga no conflicto palestino-israelí

Este conflicto non cesa. Levamos máis de medio século con esta horrorosa guerra. As mulleres son unhas das grandes perxudicadas, xa que dos miles de persoas que están sen vida no campo de batalla, moitas delas son mulleres que non deberian ser obxectivos, xa que son civís. Tanto os grupos palestinos como as forzas armadas israelíes asasinaron a centos de mulleres. Moitas delas conservan a vida, pero sofren maltratos e vexazóns por parte dos soldados de guerra. As mulleres vénse indefensas ante os soldados que se dirixen sobre elas para maltrata-las , violá-las e asasiná-las .

A onda de asasinatos e homicidios é o principal motivo de preocupación, pero ademáis existen outros motivos de vergoña encanto ao cumplimento dos Dereitos humanos. Nos territorios que están sendo ocupados por Israel, as casas das mulleres palestinas foron derribadas e ademáis estas sofren limitacións que lles negan o dereito de admisión aos servizos sanitários, a educación ou ó mecado laboral. A igualdade entre homes e mulleres na sociedade palestina viuse do todo truncada, a violencia no núcleo familiar cada vez vai a máis, e ainda así a muller vése exenta de calquera tipo de protección.

Amnistía Internacional reclama o dereito destas mulleres e o recoñecemento dos gobernos da responsabilidade que teñen sobre o campo.

¿Manipulación na rede?¿Liberdade de expresión?

Ola, quero publicar un comunicado que para todos me parece interesante. ¿Existe manipulación de comentários en Internet?¿Hai falta de liberdade de expresión? Este artigo vén ao caso de problemas que xurdiron co meu web blog en galego. Tentando colocar como enlaces a bandeira de Galiza (nacionalista), e a bandeira da II República en España, o web blog dábame erro. Tampouco podo dividir os enlaces por temas, e moitas veces non me deixa colocar fotografias nos artigos. ¿É casualidade? Non o creo, xa que ao meu bon amigo e compañeiro, David Vázquez, cuxo web blog está tamén escrito en galego, Dende Muros para o mundo, tampouco lle deixa dividir os enlaces por temas.
Desta maneira, fica dunha forma un tanto desordeada, e que poda resultar menos apetecibel que a forma do web blog en castelán... ,¿Hai algunha razón por isto? ¿Vostedes que opinan?

O último anuncio de Fiat: atentado contra a muller para FACUA

A federación de consumidores FACUA considera que o último anuncio de Fiat pode resultar ofensivo para a muller. Neste cartel publicitario cuxo slogan es: " Precises o que precises, Fiat dacho", aparecen seis carteis, con seis mulleres semiespidas, anunciando, en diferentes casos, obxectos ou artigos para o uso masculino.

A marca Fiat elixiu os diarios deportivos ( principal tipo de prensa lido polo xénero masculino), para difundir o seu cartel e a súa campaña. A federación de consumidores en acción (FACUA), solicitou a retirada inmediata deste reclamo publicitario, xa que considera que a imaxe da muller é degradante, e que o slogan empregado pola compañía non é o acertado nin o adecuado. Segundo FACUA, o anuncio cae nunha actitude de mal gusto e totalmente machista. Outra das frases que incitan claramente á compra a través das figuras das seis mulleres que aparecen na imaxe é a seguinte: " Temos un vehículo comercial Fiat adaptado ás necesidades de cada un dos clientes.". Ademais, a forma de calendario lembra tamén ós calendarios que elabora a revista masculina Playboy, utilizando as mellores fotografías, plasmando cada unha das mulleres nun mes distinto. Así xorden Miss April, Miss May..., e este anuncio suxire entón o mesmo que esta coñecidísima revista.

FACUA non descansará ata que este anuncio sexa retirado polas autoridades, xa que considera este anuncio como claramente sexista, e ademais en contra da Lei Xeral da Publicidade, xa que o anuncio está prohibido polo artigo terceiro, no que se fala de publicidade desleal, subliminal e enganosa; ademais de que se mostra en contra daqueles anuncios que plasmen á muller de forma vexatoria, e que ensinen o corpo da muller sen ter absoluta relación co produto ou servizo que se está a promocionar ( neste caso, un vehículo non ten relación ningunha cunha muller mostrando o seu corpo ¿ non?).

A MIÑA OPINIÓN

Penso que este anuncio vai dirixido claramente para o público masculino, o que, en teoría, descarta o uso do automóbil para as mulleres, ¿ é isto xusto? Parece ser que á marca só lle interesa o grupo masculino, que é, por unhas cousas ou outras, o comerciante, o que dirixe a súa empresa, e, tamén, o conductor. Estes roles veñen dados de anos atrás, e... ¿ ainda seguimos pensando igual? ¿ non vos semella estes calendarios a aqueles que teñen os talleres e os mecánicos para traballar? Non estou en contra destes carteis, en absoluto, creo que cada un pode colgar o cartel que máis lle guste, pero non creo que estes calendarios deban ser a imaxe que Fiat queira transmitir para os consumidores. Pero, para min, a razón non é a mostra do corpo da muller no reclamo publicitario, senón o simple feito de que a marca está a negar o uso do automóbil á muller, o que considero máis grave que o anterior.

E vós... ¿ qué opinades?

Un anuncio dun xelado xaponés ¿ Akagi?

Imos seguir un guión para analizar este anuncio xaponés dunha marca de xelados. Para a súa descarga vaian á páxina de Vídeos Gratuitos, cuxo rexisto é gratuito e sen nengunha complicación. Así, poderás baixar os anuncios en formato zip ou rar. Aquí teñen a análise... , Desfruten!

O rexisto visual

- A imaxe: Ao comezo do anuncio emprégase un enfoque xeral que supón o cuarto no que está situada a rapaza, o escenario no que se sitúan e os fotógrafos; seguídamente, céntrase na rapaza que presenta o xelado, destacando os seus peitos como os elementos máis chamativos do anuncio, xa que o obxectivo das cámaras diríxese príncipalmente ós peitos, facendo especial fincapé en primeirísimo plano. Ao final do anuncio, o producto sitúase sobre o centro de atenzón de todo o anuncio, sobrepoñéndose aos peitos da muller, un par de xelados.

- Os obxectos: O xelado, en teoría é o obxecto principal, xa que é o producto anunciado, ainda que fica subordinado a un papel secundario debido á presenza da rapaza que o sustén. Este, no desenlace do anuncio adquire un papel simbólico, xa que representa ao membro viril masculino, co cual a muller se diverte e goza.
Igualmente, aparecen unha serie de obxectos que manteñen un papel de carácter secundário como son as cámaras, a hamaca ou o fondo de paisaxe...
.
- Os personaxes:
1. A rapaza: personaxe protagonista que presenta o producto.

2. Os espectadores: fotógrafos (todos homes) que fican embelesados vendo á muller.

- As cores: O máis destacado é o forte contraste existinte, entre a rapaza e o escenario situado as súas costas que a ambienta nun lugar cálido e exótico (unha praia con palmeiras e un clima propicio para a súa visita), e os fotógrafos en tons escuros e frios, que pasan case desapercibidos no encadre xeral do comezo do spot, resaltando así a presenza da muller. Ciñéndose á figura feminina, cabe resaltar a cor vermello do bikini vestido por ela.

- Os grafismos: O máis chamativo, é o logo da marca de xeados (Akagi) que aparece ao comezo (na parte superior direita) e ao final (na parte inferior esquerda) do spot, xunto co nome do producto anunciado. Finalmente, colle destacar o grafismo en cores: NEW, que indica a novidade do producto.

O rexisto sonoro

- O código verbal: Existe unha algarabía formada polos fotógrafos ao ver á modelo que anuncia o novo xelado da marca xaponesa. Pódese apreciar unha confusión idiomática, xa que ainda que o idioma que abunda no anuncio é o inglés, existen expresións dos fotógrafos de xúbilo en xaponés.

- A música: A música non ten lugar no anuncio, pero si outro tipo de efeitos sonoros como son, os berros do público ou o son da toma das fotografias que lle fan ao modelo.

Análise do contido

A pesar de que o spot anuncia un xelado da marca japonesa Akagi Nyugyo ( coñecida en todo o mundo polo seu iniciativo de sacar ó mercado xelados para cans, Doggy´s Ice-cream, no 2002), a atención do espectador desvíase intencionadamente cara a rapaza que o presenta, xa que esta, realiza diversos acenos de carácter suxerinte e provocativo. A rapaza realiza unha especie de xogo erótico co xelado, que adquire no desenlace do mesmo, a simbolización do membro reprodutor masculino.

Os planos utilizados príncipalmente no texto son os seguintes:

1. Plano xeral: Ao início do anuncio, no cal vemos á muller e ós fotógrafos en toda a imaxe.
2. Planos enteiros: Que encadran ao corpo da muller.
3.Primeiros planos: dos peitos da muller ou da súa faciana, mentres lambe pracenteiramente o producto.

As fotografias que os xornalistas quitan á modelo, céntranse nun plano detalle aos peitos da rapaza, pasando por alto o producto que está a anunciar. O fundido encadeado é o recurso empregue para pasar dun plano a outro

Spike Tv. Un healthy breakfast con freixós, panceta e ovos fritidos

Spike Tv. Un healthy breakfast con freixós, panceta e ovos fritidos

Spike Tv é a nova casa da Champ Car e Hunter-Reay e é o canal de televisión líder dirixido ao xénero masculino que chega a máis de 87 millóns de lares. O presidente de Spike TV, Albie Hecht, describe o acontecimento dicendo: “...é un evento activo; é intelixente e contemporáneo con unha personalidade agresiva e irreverente.” Esta compañía está impresionando xa que, como os seus dirixintes dixeron no seu dia: “o que se logrou o dia de hoxe, é un exemplo de dedicación e experiencia e o compromiso que a equipa de Spike e Adam Friedman teñen coa Champ Car. Os fans, patrocinadores, equipas e pilotos, estamos todos no mesmo barco. A temporada 2004 arrincou o dia de hoxe nas ruas de América”.

ANÁLISE DO ANUNCIO

O rexisto visual

- As imaxes: no comezo do anuncio céntranse nos freixós, pero máis tarde o protagonismo é cedido as dúas protagonistas, quen bailan e gozan con eles. Ciñéndonos ós encadres tomados das dúas rapazas, colle destacar os primeiros planos dos peitos. Outras veces aparecen planos de detalle das caras das rapazas, para destacar como acenan e gozan xogando cos alimentos.

- Os obxectos: Os freixós son os obxectos non animados de carácter principal, no primeiro plano do spot, ocupan un lugar central e van cedendo protagonismo a favor das dúas rapazas, ainda que seguen aparecendo en case todas as secuéncias do anuncio. Poden considerarse obxectos secundarios os utensilios de cociña utilizados polas dúas mulleres (un batedor, un recipente, unha espumadeira e unha tixela), todos eles de carácter metálico.

- As personaxes: Dúas mulleres en bikini, unha delas loira e a outra morena, son as únicas personaxes existintes no anuncio. O máis destacado delas, é a indumentaria empregada, ademáis do contraste existente entre ambas, xa mentres unha delas é de tez branca e pelo loiro, a outra morena de pel e cabelo.

- As cores: Ao princípio do spot destaca un xantar típico norteamericano, sobre un fondo verde. No seu desenvolvemento, o máis relevante no que atinxe ás suas cores, é o contraste entre o fondo da imaxe (nunha cor apagada e fría) e a viveza cromática dos alimentos e da vestimenta das rapaces (en ton verde e vermello respectivamente). Saltando deste modo á vista do espectador, os freixós (móbil do anuncio) e as rapazas.
Colle destacar a cor gris metálica dos instrumentos de cociña que "empregan" as mozas ao longo do anuncio. Por último, no fondo do final emprégase unha cor similar ao do caramelo para relacionar cos freixós, no que aparece unha xarra derramando un líquido que semella ser caramelo sobre o logotipo do canal ( Spike TV)

- Os grafismos: A healthy breakfast: É o slogan do anuncio que significa en castelán, "un almorzo saudabel". neste almorzo aparecen catro ovos fritidos e catro lonchas de bacón. Ademáis, ao final do anuncio, aparece o logotipo do canal (Spike TV)en cor caramelo.

O rexisto sonoro

- O código verbal: Non se fala ao longo do anuncio, xa que as dúas rapazas se limitan a xogar cos alimentos.

- A música: Desenvolve un papel transcendental no spot, xa que é o único rexisto sonoro do mesmo. Ao comezo do anuncio, pódese apreciar un son similar ao canto dun páxaro. Posteriormente, comeza unha melodia de carácter envolvinte, ameno e familiar, que comeza con uns coros de voces femininas, aos que se une a voz cantante, masculina, que é a encargada de cantar a simpática melodia. Destaca a coherencia existinte entre a melodia e os movimentos das rapazas. Colle comentar, que nos últimos compases do anuncio, escoitamos o coro de mulleres cantando o nome da cadea de televisión.

Análise e comentário do conteúdo

Entendemos que o significado do spot pretende ser, a promoción dun programa de televisión da cadea ameno que se emite á hora do almorzo e vai dirixido a un público masculino. De aí, a presenza das rapazas en bikini xogando co almorzo. no anuncio, as mulleres son presentadas como dous modelos principais:

1. Obxecto sexual: as mulleres están lixeiras de roupa, executando movimentos insinuantes que poden ser similares aos que se realizan durante o acto sexual.

Exemplos:

- Empregan os instrumentos de cociña coma micrófonos, tamén as barras de pan;
- Loitan entre elas a modo de esgrima, usando as barras de pan como espadas. Este detalle, pode lembrar ás loitadoras do barro, prática machista.
- Os chiscos de ollos das mulleres poden resultar provocadores e incitadores.
- A muller morena morde un freixó de maneira suxerinte.
- A muller loira se coloca dous freixós para tapar os seus peitos.
- En todo momento, trátase de mostrar, cuns obxectos ou outros, algunha referéncia ao órgano sexual masculino (instrumentos de cociña, barras de pan…)

2. Ama de casa: as mulleres móstranse como cocineras, ao servizo do home para desempeñar as tarefas domésticas na súa totalidade, pero sempre este segundo modelo subordinado ao primeiro, xa que no anuncio curmá o modelo de muller como obxecto sexual.

Baixo o noso punto de vista, non comprendemos a finalidade do anuncio, xa que baixo o pretexto de difundir un almorzo típico en Norteamérica, saudabel e lixeiro, colocan ás mulleres como mero obxecto para a satisfación masculina. O xogo destas cos alimentos pode ser unha retranca cara a cociña divertida, ou tamén cara outro enunciado: "Non xogues coa comida, faina ". A imaxe da muller vése totalmente distorsionada, e este spot é denigrante para a muller, porque as maltrata física e moralmente. A sensualidade, a diversión e o goce que transmiten as mulleres son as ideas que os criadores do spot escolleron para captar a atención dos espectadores, e así lograr unha maior audiencia.

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando!

¿ A indecencia? ¡ Iso nin pagando!

Todos lembramos o incidente que supuxo tema de conversación principal durante moito tempo nos EEUU. Non a guerra de Iraque, nen as campañas electorais que comenzaban, nen o conflito palestino-israelí. Senón unha simple teta. Sí, o que están a ler. Unha simple teta, que dá igual que sexa de Janet Jackson ou de calquera outra muller do planeta. Non é mais que unha parte do corpo como outra calquera, dunha muller. O feito de que o cantante Justin Timberlake, desprendiera unha parte do vestido da Jackson, que ofrecía a cámara un peito da cantante (decorado con unha perla brillante de cor gris, para que aos morbosos non se lles ocorrese ver o pezón da famosa intérprete, para máis inri, tanta polémica, e encima a cantante non mostra o seu peito de maneira desinhibida e total). O detalle curioso que merece a mágoa apontar, é que eses dous segundos emitidos no descanso da Superbowl, supoñeron millóns de descargas e de visitas na rede, máis que calquera outro portal de Internet de contido erótico ou pornográfico durante o mes de febreiro do pasado ano.

Ese 1 de febreiro de 2004, no que Janet Jackson enseñou un dos seus peitos, Estados Unidos xa non voltaría a ser o mesmo país. Porque o país estaba escandalizado, pero ao mesmo tempo contento co suceso (por iso engádolles o dato da rede de Internet).

Outro suceso que conmocionou ao país, foi que o día 28 de agosto de 2004, durante a gala musical de MTV, tres cantantes que estaban a realizar unha actuación para o evento: Britney Spears, Madonna e Christina Aguilera realizasen un acto considerado por algúns de moi mal gusto. Madonna, situada no centro durante a actuación, nun momento que a voz da canción estaba pausada, decidiu xirarse cara a dereita e dárlle un bico a Britney. Ante a estupefacción dos xornalistas, fotógrafos e demáis persoal, Madonna acabou xirando cara o outro lado e dárlle un bico tamén a Christina.

Ambos sucesos foron excusados totalmente polos "artistas", ciñéndose a que foron accións improvisadas, que non tiñan a intención de causar polémica nen de chamar a atención... Non era nada preparado, todo fora espóntaneo e do momento. A partir destas dúas "indecentes actuacións", os medios de comunicación non ían permitir que voltara a pasar. Así que decidiron que non ian retransmitir a programación a tempo real, é dicir, que ia deixar de existir o seu live(en directo). As retransmisións se realizarían dous segundos despois, e asi en caso de escándalo televisivo, a xente non se vería "contaminada" polas aberracións que a algunhas persoas acostuman tentar compartir co resto. Supoño que coñecerán o ton irónico e de sarcasmo no que estou tecleando agora mesmo, ¿non?

Pois ben, tras colocar esta breve (ainda que interesante) introducción, vos vou pór ao dia en como está a situación actual. Aquelas "normas da decencia" establecidas no seu momento polo FCC foron endurecidas severamente polo seu novo director, Kevin J. Martin, o cal fora selecionado polo presidente dos Estados Unidos de América, o señor (por dicir algo) George Walker Bush. A FCC (o acrónimo de Federal Communications Commission) decidiu trasladar a decisión de censurar a programación dos canais de televisión por cable, satélite e dixital (todos os canais de pago), e practicar a política contra a "indecencia". polo tanto que os usuarios que teñen antena de pago por visión, poden estar satisfeitos, xa que a decencia vai reinar na súa información e cultura audiovisual.

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico!

Por un bico... ¡ eu si sei que te diere por un bico!

En relación ao artigo anterior, gustaríame falar un pouco máis do incidiente da gala de premios da MTV, no cal dúas "divas da canción" para o mundo enteiro (pola cantidade de discos que venden, e a cantidade de premios que reciben...) Britney Spears e Christina Aguilera, bícanse cunha das grandes cantantes de pop de tódolos tempos: Madonna. O acto supuxo polémica porque nel participou a virxe máis desexada dos Estados Unidos, xa que Britney decidiu declararse ante os medios como muller puritana e virxe, que non praticara actos sexuais ata o momento. En España, apareceu no programa La casa de tu vida, unha muller que revelaba o seu mesmo segredo, e que creo que se deberia manter xa á marxe da televisión, porque non é o seu (sinto se amolei a algún admirador da famosa casposiña, pero eu escribo o que penso). Parvadas aparte, o feito de que as cantantes se bicasen ainda é lembrado por todo o mundo. Non só polos EEUU, xa que a notícia tivo unha repercusión internacional tremenda, xa que ao mellor o mesmo que comentaban a polémica en Cincinnati, o estaban a facer en Albacete.

Britney Spears (a cal tivo unha relación co protagonista do artigo anterior - non, o director de FCC non, nen o presidente Bush- o cantante Justin Timberlake, o cual supoño todos saberíades) afirmara que era a primeira vez que bicaba a unha muller, e que, ainda que deixaria pasar un tempo para que se calmasen os ánimos, o voltaría a repetir...

¿ Que pensades de todo isto? ¿ Cren que a política da "decencia" chegará a España? ¿ Unha teta e un bico son algo maravilloso, ou sen embargo, prácticas suxas e indecentes? Rógolles: comenten, escriban, inventen, pensen....

Un novo estilo de música. O reggaeton

Un novo estilo de música. O reggaeton

O reggaeton é un novo estilo de música, que está a causar furor en todo o mundo. Os ritmos latinos que lembran á salsa e ao merengue, as letras que apenas se entenden, todo iso con pequenas bases estilo dance, están a ser o principal punto forte das discotecas. Artistas como Héctor e Tito, Jimmy band Boy, Nicky Jam, Ángel López, Don Omar e El Chombo entre outros, son os principais autores que lanzan discos ao mercado con este tipo de música. Pero... , ¿alguén se parou a escoitar detidamente as letras das cancións? ¿Cal é o sentido da sua música?

Imos estudar un pouco algunha das rimas, frases e letras de diversas cancións coñecidas por todos, e que moitos bailamos algunha que outra noite nas discotecas...
"Que tu mirada con la mia está saciéndose, tu piel rozando con mi piel y sofocándose, devorándote, atrapándote..." Asi comeza unha canción que se fixo famosa mundialmente... é o éxito Baila morena de Héctor e Tito. A canción contínua asi:Morena dale con tu técnica que yo tengo tu táctica, dale voz te voy a asestar la automática... ,¿ A automática? ¿ A o que se refere exactamente? Non creo que nesta ocasión se estea a falar de armas... Tamén di o cantante:Tú eres mi lunática... Morena ya no excuso tus signos vitales pa que asociarte con los anomarles... Estás buscando que el moreno se acorrale, y tú ya sabes Dale don Dale! Sinceramente, tiven que escoitar polo menos cinco veces cada frase, para poder descifrar o que dician, e non estou 100% seguro da veracidade da letra, pero é mais que probabel que sexa asi...

¿A o que se refere Don Omar cando di na sua canción Cuéntale : Otra, otra, otre, otra!? Non o sei, sinceramente, estas perguntas teñen as respostas que eu considero adecuadas... pero creo que a xente realmente non se dá conta que din estas cancións... Ainda que moitas seguen a liña de cantantes románticos latinos... como poden ser Chayanne, Ricky Martin...

Outras cancióms o que se cadra fan, son letras con falta de suxerencia e que van directas cara a imaxe da muller, é sen dúbida, El Chombo, coas súas dúas cancións máis coñecidas, ainda que, coñecidas de fai algo máis de tempo que o resto, son A mover el culo e Pa dentro pa fuera. Os títulos creo que xa o din todo. Na primeira delas, a canción baséase nun ritmo similar durante case todo o tema, e na reiteración constante do título... Poucas frases máis engadiu o artista para lanzar o seu éxito. Ademais, colle destacar, que nesta canción é utilizada unha base dunha canción que foi éxito fai catro ou cinco anos, e que é coñecida por todos por ser a BSO do filme Blade I: de New Order, o tema Confusion. Sen dúbida, un éxito a partir da nada. A segunda canción ten moita máis chicha, e moito máis do que falar e comentar. O título dino todo: o cantante dedícase a recitar o título da canción cun ritmo pegadizo e bailongo, con sons de fondo de xadeos e berros de pracer femininos... "Quiero ver que estás haciendo... como lo vas a hacer... y el duro con movimiento, voy a tener que darte placer..." "Espera Chombo, métele que métele, Chombo espera, métele que métele, métele al ritmo, métele" Creo que a mensaxe da canción está claro dabondo, e non teño que dicir nada máis sobre este cantante...

Outros temas que colleria destacar serian:

Impacto- Tú eres golosa>..."Tú eres golosa, golosa y glotona... estás en la cama y tú eres golosa, estás en la cocina y tú eres glotona" "Para que está bien inflada si por ti no siento nada..."

Jimmy band boy- Bailando..."Esta noche haremos el amor bailando, tu cuerpo es mío tuyo es mi corazón" "Y si tú vieras como yo bailo con esa mujer estoy seguro que él también podría ser yo que sé... es por eso que con ella quiero quedarme y con el vino de su cuerpo toda la noche embriargarme yo"

Nicky Jam- Palante... "Como es que te llamas tú, di de dónde eres tú, que vamos a hacer, si tienes un novio, no me importa quién, la que me gusta eres tú, ajá!" "Toma, toma, toma, ¿ te gusta?... toma, toma, toma ¿ tú quieres?... toma, toma, toma ¿ te excita?.."

Estas cancións arrasaron na actualidade... pero, anteriormente, outros éxitos enviaban en mensaxe de forma directa e sen escrúpulos, como o tema dance coñecido por todos de fai catro anos: Chochito de Dj Secantez, no que o ritmo era convincente, e, inevitábelmente, facíache mover o esqueleto sen control... na canción, a voz feminina que entoaba a peza musical, alasaba, xemia e excitábase de forma suxerinte... Tamén me lembro dunha canción, menos suxerinte, de fai tres anos e que pode resultar groseira que simplemente dicía: "Tengo un dedito, pa tu culito... mueve tu culito, mueve..."

Este tipo de música é bailado sobre todo polo xénero feminino, e non se dá conta de que pode que sexa denigrante para elas... , ¿que opinan destas letras? ¿Gústalles este tipo de música? ¿Adiántase a liña entre incitación sexual e sedución cara o machismo? ¿ Vós rapazas o que opinades?

P.D. Os rapaces tamén podedes facer os vosos comentarios

¿Sensualidade e seducción ou machismo?

¿Sensualidade e seducción ou machismo?

De todos é coñecido que a muller no mundo do deporte ten un papel protagonista un tanto recente. A importancia dos deportes concéntrase principalmente no xénero masculino. Tan só se destaca ás mulleres cando logran unha medalla nos JJ OO, ou gañan un mundial ou un europeo en algun desorte de primeira liña ( se é secundário, apenas é mencionado)...

Doutra forma, a muller cumple un papel destacabel no desporte. Son mulleres aquelas que saen nos descansos e tempos mortos para bailar coa mascota da equipa local nos partidos de baloncesto, mentres os responsábeis de limpeza do pavillón pasan a fregona para pór o parqué a punto. Son mulleres aquelas que nas exposicións de automovilismo, xunto aos Ferrari e aos Porsche, encima do capó de cada un deles, a unha muller insinuante, de múltipis cambas e forma sedutora, que realiza uns movimentos que atraen a atención dos transeúntes e visitantes da feira. Son mulleres aquelas que portan un cartel co número de asalto no que están dous loitadores de boxeo, as cales van semiespidas, senn son espidas por completo...

¿Cando se pode considerar machismo e cando sedución?¿Parécevos normal que haxa este tipo de animación para os desportistas? Eu, tan só planteo unha cuestión que vostés deben responder...

Este artigo ven como inspiración dun visitante e un amigo que fai comentarios intelixentes e curiosos que nunca pasan desapercibidos... Grazas David... por aportar a túas ideas e opinións...